Los peces en el río - Iglesia de Fátima 2011

lunes, 19 de diciembre de 2011

El Coro el Carmen se estrena en la Navidad del 2011 a cantar acompañados por la Orquesta del Conservatorio Superior de Vigo y la Coral de Fátima. ¡¡Enhorabuena!!

O blues do Nadal

sábado, 17 de diciembre de 2011

Actuación Nadal 2011


O BLUES DO NADAL

Imos a cantar o blues do Nadal  
Imos a cantar o blues do Nadal  
Imos a cantar o blues do Nadal  
Imos a cantar o blues do Nadal  
Porque hoxe chega o Nadal

Camiñando polas rúas
Cheas de luces e cores
Papá Noel e os Reis Magos
Van cargados de regalos
Para os nenos bos
Para os nenos que non son berróns


Imos a cantar o blues do Nadal...  

Os pastores cos seus zurróns
Ben cheíños de turrón
Andan a correr atrás das ovellas
Porque teñen moita gana de leria
¡Que non chegan! Non,
Ver ao neno, non van chegar non

Imos a cantar o blues do Nadal...  

Ábrelle as portas

Actuación Nadal 2011

ÁBRELLE AS PORTAS

NESTA TERRA GALEGA
FONTES CAMPOS E MAR
NOS CORAZÓNS SEDENTOS
DE LEDICIA E DE PAZ
NACE UN NENO
QUE QUERE SER LUZ
NA NOSA VIDA DE IRMÁNS
NACE UN NENO
QUE QUERE SER LUZ
NA NOSA VIDA DE IRMÁNS.

ÁBRELLE AS PORTAS
DÉIXAO PASAR
QUE LOGO CHEGA
VEN O NADAL
ÁBRELLE AS PORTAS
DÉIXAO PASAR
QUE LOGO CHEGA
VEN O NADAL

QUERE TROCA-LA PENA
EN LEDICIAS E CANTOS
QUERE CAMBIA-LA GUERRA
POLAS FLORES DO CAMPO
VEN COA ESTELA
DOS HOMES DE BOA VONTADE
QUE O QUEREN SEGUIR
VEN COA ESTELA
DOS HOMES DE BOA VONTADE
QUE O QUEREN SEGUIR

ÁBRELLE AS PORTAS...

VEN FACER DESTA TERRA
UN REINO DE IRMANDADE
POÑEREMOS ESTRELAS
NOS TEITOS DOS FOGARES
PRA QUE ASÍ O NOSO NENO
NAZCA ENTRE O POBO
QUE O ESTÁ A ESPERAR
PRA QUE ASÍ O NOSO NENO
NAZCA ENTRE O POBO
QUE O ESTÁ A ESPERAR

ÁBRELLE AS PORTAS...

Burbullas máxicas

Burbullas máxicas Panxoliña do 2008. Hay que dejarlo cargar un poco pero merece la pena


Nunha máxica noite
Esta historia comezou
Tres reises viron brilar
Unha estrela no mar.
Non era unha estrela calquera
Era un astro especial
Guiados por unha luz bela
Polo fondo do mar

Burbullas máxicas
Para disfrutar
Dun Nadal cheo de vida
Dun Nadal moi especial
Burbullas máxicas
Pompas de ilusión
Fai o meniño no berce
Un Nadal de amor.

Os tres vellos montados
En cabaliños de mar
Escoitaron o neno rir
Pois estaba a xogar
Peixiños e algas mariñas
Rodeaban o portal
E o neno deitado na cuncha
Pompiñas facía no mar

Burbullas máxicas,...

Burbullas máxicas pompas de ilusión

A receita do Nadal

Actuación Nadal 2011


A RECEITA DO NADAL

Como todos sabedes
estamos en advento
E os nenos do coro do Carmen
Convértense en cociñeiros
Preparan unha receita
Unha receita especial
Tomade moi boa nota
Da receita do Nadal.
Unha gotiña de soños
Para poder preparar
Con fe, amor, esperanza
A receita do Nadal.

Polvo de estrelas para adozar
A toda a xente neste Nadal
Mimos e bicos para tapar
As amarguras que están de máis

Con toda está mezcolanza
E algo de ganas de rir
Con todos os achegados
Tan só queda compartir

Abre a túa casa déixaos pasar
Séntaos na mesa para xantar
Dende a cociña poden cheirar
Como no forno medra o Nadal
(Instrumental)

unha gotiña de soños
para poder preparar
con fe amor esperanza
a receita do Nadal

Actuación Nadal 2007

A Belén en Manada


Cae o sol
Alá na selva
e os animais
regresan ó lar.

Vai calor
nun ceo de estrelas
brila unha delas
máis forte que o sol.

(a Belén iremos en manada)

Percorrendo selvas e desertos
os animais chegarán:

A Belén, a ver ó Rei
Elefantes, crocodilos e cempés
A Belén, a ver ó Rei
Xirafas, camelos van tamén.

Ó Portal
van camiñando
atravesando
Africa.

Chegan xa
xunto ó meniño
todos unidos
alegres van.

(a Belén iremos en manada)

Percorrendo selvas…

 A Belén…

O portal
van camiñando
atravesando

(a Belén iremos en manada)

África

Xuntos a cantar

¡¡Así salía antes de ir al García barbón!!

NOITE DE FESTA

Noite de festa, noite do Nadal
Medra unha estrela dentro do noso lar
Noite de festa, noite de leria
Fai a xuntanza. Xuntos a cantar!

(Instrumental)

Nesta noite de ledicia
Cantan todos no xantar
Xúntanse preto as familias
Fan así en todo fogar

Noite de festa, Noite de leria
Fai a xuntanza. Xuntos a cantar!

Piribirí, piribirí...

Noite de festa, noite de leria
Fai a xuntanza. Xuntos a cantar!
Piribirí, piribirí...

¡¡Y así salió en el García barbón!!