Xuntando palliñas faremos un pesebre
para o neno que xa nace que xa nace en Belén
E todos moi forte gritaremos o mundo
que nesta terra nosa xa naceu o Nadal.
Aí! ven un pastor con unha ovelliña
uy! pegou un brinco, deulle un bico o neno no seu nariz
que risa tan leda ten este meniño,
luceciña branca para este mundo cheo de gris
Xuntando palliñas...
Tamén ven Melchor seguido dos outros
toparon moito tráfico e tiveron que vir a pé
non lle traen incenso, nin mirra nin ouro
traen o amor de todos aqueles que o ven nacer
0 comentarios:
Publicar un comentario